O Concello de Ourense porá en marcha este ano o Premio Nós de Relatos, unha iniciativa que nace con motivo da conmemoración do centenario da Revista Nós, coa que quere render homenaxe ao traballo deste grupo, á revista e en definitiva a un dos proxectos culturais máis singulares e que situaron a cidade de Ourense como a Atenas de Galicia. Entre a programación de actividades de conmemoración do centenario que ocuparán os vindeiros meses destaca a creación do Premio Nós de Relatos. Este certame terá carácter anual, e nos vindeiros dÃas aprobaranse as bases definitivas. AÃnda que o forte das actividades resérvanse para o outono, hai moitas que xa se están a desenvolver e que tamén están programadas para as vindeiras semanas. Algunhas destas son: roteiros literarios, colocación dunha placa conmemorativa na casa de Florentino Cuevillas, Xornadas Vicente Risco e as vangardas históricas, roteiros de Nós, exposicións, asà como unha programación especial para o DÃa das Letras Galegas.