Exposicións e actividades conmemorarán o centenario de Cela

A Cidade da Cultura acollerá unha mostra sobre o Nóbel o vindeiro outono

18/1/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturasociedade
24 lecturas | Compartido 0 veces
Exposicións, un congreso, cursos, un ciclo de cine, reedicións, certames literarios, actividades escolares e proxectos dixitalización conmemorarán o centenario de Camilo José Cela tanto en Galicia como fóra do noso país. A Consellaría de Cultura anunciaba o pasado venres as actividades que se desenvolverán ao longo deste ano e para as que conta coa colaboración do Ministerio de Cultura entre outras institucións. Como prato forte desta conmemoración, a exposición CJC 2016. O centenario dun Nobel poderá verse na Biblioteca Nacional de España ao longo deste verán, para logo visitar o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura entre o 11 de novembro de 2016 e o 19 de febreiro de 2017.
Ademais, disto na propia Fundación José Cela, en Iria Flavia, poderán verse ao longo do ano as exposición El rucio de Sancho, Compañías convenientes. Diálogos de arte contemporáneos co home poliedro e mais O gran coleccionista, que percorre as múltiples coleccións do escritor.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados