A revista Encrucillada, unha das revistas culturais máis sobranceiras do paÃs, cumpre corenta anos. Foi creada en febreiro de 1977 desde o núcleo do galeguismo cristián baixo a dirección de Andrés Torres Queiruga, e editada desde entón vinculando galeguismo e cristianismo. Actualmente está dirixida polo teólogo Pedro Castelao. Agora, a revista cumpre corenta anos e celebrarao o 19 de xaneiro ás 19.30 horas na Real Academia Galega, nun acto no que presentarán a monografÃa As letras galegas na encrucillada.