A recente condena do traballo do teólogo Andrés Torres Queiruga pola Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe acaba de ser respondida desde a Real Academia Galega. A entidade, a sinalar o seu carácter aconfesional, considera que a condena eclesiástica supón "unha grave conculcación da liberdade de pensamento dun grande intelectual e escritor". Ademais, considera o documento "unha intromisión escandalosa contra a que protesta firmemente". O antigo presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, xa sinalara en medios de comunciación o seu apoio ao teólogo, que é membro da Real Academia.
A Real Academia "protesta firmemente" pola condena eclesiástica a Torres Queiruga
O teólogo foi desautorizado pola Comisión para a Doutrina da Fé
37 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Andrés Torres Queiruga, Xosé Ramón Barreiro, Real Academia Galega

