
Parte da RAG desde 1978, o seu discurso de ingreso, lido vinte anos depois, abordou O antigo réxime nunha familia do Baixo Miño. Aínda este mesmo ano 2020 vía a luz en Galaxia a súa última obra, A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Xulio Ríos, un volume no que retrata corenta e nove persoeiros históricos do galeguismo. A editorial Galaxia lamentou a desaparición dunha persoa que foi fundamental no seu nacemento e que "deixa un oco difícil de encher", mentres a Real Academia Galega amosou "o seu fondo pesar" polo pasamento. O Consello da Cultura Galega, pola súa banda, lamentou a perda de quen calificou como "unha figura imprescindible no galeguismo de posguerra".