Co tÃtulo Soster o noso. O patrimonio cultural no rural, o Consello da Cultura Galega organiza entre os dÃas 14 e 15 de novembro unhas xornadas de traballo en Navia de Suarna. A conservación dos bens patrimoniais e o seu papel no desenvolvemento dos territorios non urbanos preséntanse como eixes desta iniciativa.
Unha mesa con representantes dos colectivos Patrimonio dos Ancares, Rente ao Couce, Irmandade naviega, o CPI Navia de Suarna e asociacións de Piornedo que traballan no ámbito do patrimonio abren a iniciativa, que contará tamén con outro encontro coa asociación Ser, a Cooperativa a Carqueixa, FADEMUR, a Cooperativa Ribeira do Navia e a Asociación Vilachá de Salvadur.
Responsables das alcaldÃas de concellos do rural protagonizan a súa propia mesa, e a xornada finalizará cunha recollida das propostas dos obradoiros e análise e iniciativas en patrimonio arquitectónico, etnográfico, inmaterial, paisaxÃstico e da memoria da man de Cristina Sánchez Carretero, Xosé Manuel Santos Solla, Carlos Amoedo, Antonio de Vega, Fran Alonso e UxÃo Novo.
En paralelo, o Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura, en colaboración co Concello de Vilalba, celebran na Casa da Cultura desta localidade a I Xornada de Patrimonio Inmaterial. Esta iniciativa abrirá o dÃa 15 con Almudena Falcón a falar da improvisación en verso, con Xosé Mouriño, que tratará sobre o zahorismo e Pablo Carpintero, fechará a sesión cunha intervención sobre "O patrimonio inmaterial como proceso".
No dÃa 16 Ana Isabel Filgueiras Rei explicará os cerimoniais florais galaicos, Xosé Andrés Barreiro Garrido tratará do patrimonio das campás e Carlos Henrique Fernández Coto explicará "A cara oculta da arquitectura". Unha intervención da cargo do Instituto de Estudos Chairegos e unha ofrenda floral ante o monumento das Irmandades da Fala fecharán as xornadas.