A Editorial Galaxia ven de sacar do prelo unha nova publicación que se engade ao corpus da autora homenaxeada neste 2024 co DÃa das Letras galegas. Publicado na colección Literaria, 'Formas breves de pensamento', de LuÃsa Villalta (A Coruña, 1957-2004), é unha publicación que compila textos curtos do seu legado literario maiormente inéditos. O filólogo e crÃtico literario Luciano RodrÃguez presenta esta edición enriquecida coas ilustracións de Alfonso Costa e Carolina Rouco. Nela reúnense ao longo das súas 124 páxinas, palabras destiladas ao máximo en forma de aforismos, haikus, reflexións e breves poemas, nas que resulta visible como Villalta entendÃa a literatura como unha das artes da sedución.