
No seu traballo, GarcÃa documenta a xeito de diario Ãntimo o nacemento da comunidade artÃstica Espacio Matrioska na localidade ourensá dos Blancos. Nerea Fernández, en representación do festival PHotoESPAÑA, Tono Arias de Dispara, Xosé Lois Gutiérrez FaÃlde de Alauda Negra e mais Cibrán Rico e Suso Vázquez, de Fabulatorio, conformaron o xurado desta xeira.
Segundo recolle a acta, o proxecto vencedor "propón unha narrativa Ãntima e, ao tempo, coral, onde se deixan sentir os anhelos e ideais da xuventude sen agochar as contradicións e os conflitos dunha vida en comunidade. Afastado dun ollar paternalista, tan común en proxectos que se achegan ao momento vital da descuberta da vida adulta, este traballo constrúe un documentalismo doméstico e interior, unha busca da identidade propia e colectiva arredor da esperanza, da necesidade de crear novos territorios e da certeza das ruÃnas do tempo e da memoria".
O xurado outorgoulle tamén unha mención especial a Sara Montenegro por Lo que queda de tarde, "un exercicio feroz de sensibilidade e dignidade, afastado de calquera impulso de condescendencia adulta. Cada retrato funciona como un lugar de liberdade e un espazo seguro no que comezar a contar a identidade de cada unha de nós". Tamén Damián Ucieda Cortés recibiu unha mención por Pobo afgano, trincheiras e campo de tiro. Salcedo, no que "reúne con brillantez algunhas das caracterÃsticas máis destacadas do documentalismo contemporáneo: o recoñecemento da complexidade do real, a multilateralidade narrativa e unha linguaxe visual evocadora que deixa espazo á capacidade interpretativa de quen observa".






