O Festival de FotografÃa da Coruña, FFoco, abriu a recepción de traballos para o seu concurso "Cenfollas. Premio Editorial de FotografÃa Documental Galega", co que procura "conformar unha colección coa mellor e máis prometedora fotografÃa documental galega", realizada por fotógrafos do paÃs ou residentes nel. O certame é parte do laboratorio editorial que o festival realizará en novembro na Fundación Seoane. A proposta supón a edición e distribución dun fotolibro por parte da editorial Fabulatorio, con 300 exemplares, e 600 euros en concepto de adiante por dereitos de autor.