O xurado do II Premio Editorial de FotografÃa Documental Galega seleccionou por unanimidade a serie Entre las aguas, da luguesa Ana Núñez RodrÃguez como gañadora do certame. A obra, segundo sinala a acta, parte da seca que sufriu Galicia durante 2017 para explorar coas súas imaxes a procura de auga mediante técnicas de radiestesia e zahorismo.
Deste xeito, a serie "componse dun conxunto de imaxes que cuestionan ao espectador sobre a dominación do sentido da vista, unha proposta baseada nunha serie de xogos conceptuais con respecto ao visible-non visible, que nos achegan a outros modos de entender a percepción".
O galardón, que se entrega no marco do festival de fotografÃa FFoco, ten unha dotación de 600 euros en metálico e a publicación do traballo coa editorial Estraperlo. O fallo destaca a "capacidade para igualar e transformar un imaxinario propio e de carácter local nun proxecto fotográfico que poida ver e ler calquera persoa, dotándoo dun sentido simbólico que funciona a nivel universal e plantexándoo ademais con brillantez estética".
Marcos Ferreiro, Xosé Lois Gutiérrez FaÃlde, Tono Mejuto e Diana Vilera foron responsables da selección.