Bandia Ribeira gaña o premio Luís Ksado de Fotografía

A serie O voo do «midgie» impúxose entre os 109 candidatos

22/10/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Un traballo que «presenta un concepto novo» de familia e «revisa o concepto de proscripción e marxinalidade» valeulle á pontesa Bandia Ribeira facerse co Premio de Fotografía Luís Ksado na súa XI Edición. A súa serie O voo do «midgie» foi seleccionada polo xurado entre os 109 traballos que se presentaron ao certame, cun galardón dotado de 6.500 euros. Segundo destaca o xurado, que presidiu Xurxo Lobato, «a obra gañadora trata un tema de actualidade, utilizando unha linguaxe contemporánea, con lírica e sensibilidade». «Hai unha linguaxe críbel, de verismo fotográfico: é un "soño dramático". A autora da obra fuxe de premisas reparadoras e sanitarias; lévanos da súa man a un umbral de periferia social en permanente revisión: a autora dinos "somos nós"», conclúe.

No certame resultaron finalistas Juan Ramón Robles González con Vida e morte na Franxa de Gaza, Francisco Xabier Fernández Comesaña con Aloitadores de Sabucedo, A. Benítez Barrios con Fading Japan, Noela Roibás Rodríguez con Irmán e Ana Belén Rello Férnández con Quidam. No marco das actividades vencelladas ao galardón, esta tarde abre
no Pazo de San Marcos, en Lugo, a mostra antolóxica das dez primeiras edicións do galardón

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Xurxo Lobato, Xurxo Lobato, Morte...