Dores Tembrás gaña o Concello de Carral de Poesía

Cronoloxía da urxencia reportoulle os 2.000 euros do galardón

14/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Certame de Poesía Concello de Carral foi para Dores Tembrás na súa XVI Edición. O xurado deu a coñecer onte o seu fallo, no que considerou a obra Cronoloxía da urxencia como a mellor entre as 38 que se presentaron ao certame. No fallo destácase que o de Tembrás é un traballo "enfiado arredor do amor e a paixón cun sentido positivo da existencia, poñendo en valor a simboloxía dos traballos da casa e do campo, resultando unha poética con raíces". Asi mesmo destaca a "depurada linguaxe" da autora e o carácter "equilibrado e unitario" da obra. O premio está dotado con 2.000 euros e mais a publicación da obra, e entregarase o vindeiro 31 de maio.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dores Tembrás, Poesía, Concello de Carral, Carral

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares