Oriana Méndez gaña o Certame de Poesía Concello de Carral

Impúxose coa obra O que precede a caída é branco

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O que precede a caída é branco é o título do poemario co que Oriana Méndez acaba de vencer no XVII Certame de Poesía Concello de Carral. O xurado, composto por Dores Tembrás, Olga Patiño Nogueira, Eli Ríos, Isabel López Pérez e Carlos Lorenzo Pérez como secretario sinalou o coidado da linguaxe que emprega a autora e recursos como os xogos metaliterarios que desenvolve ou as ligazóns entre a estrutura do texto e os versos. O traballo, seleccionado entre 36 participantes, será publicado e reportaralle á autora 2.000 euros de premio. A entrega do galardón realizarase o vindeiro 30 de maio na Casa da Cultura de Carral.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oriana Méndez, Oriana Méndez, Poesía, Concello de Carral...