Manuel López Rodríguez gaña o Premio Concello de Carral de poesía

Obtivo os 2.500 euros do galardón coa súa obra Nas pulsacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Manuel López Rodríguez

Manuel López Rodríguez

Un poemario "que amosa un discurso lírico sólido e inspirado, con gran riqueza léxica e con interesantes achados estilísticos". Deste xeito califica o xurado do XXIII Premio Concello de Carral de Poesía Nas pulsacións, obra coa que Manuel López Rodríguez acaba de gañar este galardón. O autor noiés foi seleccionado polo xurado do certame entre os 42 traballos presentados como merecedor dos 2.500 euros en metálico cos que está dotado e verá o seu libro publicado en Espiral Maior.

Miriam Ferradáns, José Mª Paz Gago e Xurxo Alonso, coa presidencia do concelleiro de Cultura, Francisco Bello Hermida, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez, foron os responsables da selección. O acto de entrega do premio, previsto para o vindeiro mes de setembro servirá tamén de presentación do poemario premiado na anterior xeira, En luz escrita, de Xurxo Alonso.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel López Rodríguez, Manuel López Rodríguez, Manuel López, Poesía...