Montse Fajardo caña do II Premio Manuel Lueiro Rey de xornalismo

O galardón está dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A xornalista e investigadora Montse Fajardo foi galardoada co Premio Manuel Lueiro Rey de Xornalismo. O xurado do galardón que convoca anualmente o Concello de Fornelos de Montes, composto por Ramón
Nicolás, Ramón Rozas, Carme Vidal e actuando como secretaria Carme Carreiro, seleccionou este luns o seu traballo O universo de Carlos como vencedor nesta segunda xeira do certame. Do artigo, segundo sinala a acta do xurado destaca "a denuncia da discriminación que sofren as persoas con autismo e as súas familias". Ademais apunta que o texto "é quen de que as persoas lectoras empaticen coa angustia da situación da protagonista e reparen na falta de equidade con quen ten esta condición neurolóxica a través dun caso particular".

O galardón, dotado con 1.000 euros, inclúe a publicación do artigo nos medios colaboradores do certame. Diario de Pontevedra, Diario de Arousa, Sermos Galiza, Praza Pública, Qué pasa na Costa, Galicia Confidencial e Tempos Novos acollerán proximamente o texto gañador.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Montse Fajardo, Xornalismo, Premio Manuel Lueiro Rey, Ramón Rozas...