O Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade, convocado pola Deputación da Coruña ten por obxecto o fomento da igualdade mediante a realización de proxectos que usando de calquera disciplina artística (música, literatura, escena, imaxe, arte urbana ...) poñan en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres e/ou contribúan de forma relevante ao avance no asentamento social da aposta pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia de xénero, a diversidade sexual e interseccionalidade. De entre as 34 propostas presentadas na sexta edición destes galardóns, oito foron os proxectos que acadaron o favor do xurado e que recibirán 12.500 euros cada un. Entre as persoas e entidades galardoadas nesta ocasión están o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a produtora creativa Illa Bufarda e Mala Herba Producións.
Proxectos premiados
O proxecto 'Non calarás', da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, ten carácter historiográfico de recuperación da memoria das mulleres cunha clara perspectiva feminista, que abarca diversos ámbitos de traballo (investigación, divulgación, exposición, publicación e rutas). Céntrase na cidade da Coruña, sendo un proxecto inspirador para outras vilas e cidades do territorio.
Co título 'As mulleres no xornalismo Galego: a crónica revelada', o proxecto premiado do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é a edición dun libro que reúne o legado das pioneiras do xornalismo galego e entrevistas con xornalistas, co obxectivo de rescatar, visibilizar e crear referentes.
A creación dunha historia da fotografía clásica galega diversa e plural é o obxecto do proxecto 'Altas Luces', de Illa Bufarda. . Ten unha clara vocación transformativa en busca dun cambio social que supere desigualdades, roles, crenzas, visibilizando as mulleres galegas fotógrafas ao longo da historia.
'O próximo baile, será comigo', de Sabela Losada Cortizas. É un proxecto audiovisual de acción-creación-investigación, que traballa sobre o apoio mutuo de vítimas de violencia machista a través dunha rede de testemuños de mulleres en contextos de violencia de xénero.
'Ofuscadas polo vicio da razón', de Yarama África ten por obxecto crear un espazo seguro de encontro e expresión artística para mulleres migrantes e refuxiadas na provincia da Coruña en coordinación co ámbito cultural. Inspírase na propia obra de Luísa Villalta. Ten previsto realizar distintas actividades de lectura, escritura, eventos artísticos, etc.
O teatro é a ferramenta escollida para o proxecto 'A historia vaxenial', de Artyc Content. Arredor da representación cultural do corpo das mulleres ao longo da historia e como esta dá lugar a unha profunda desigualdade de xénero. Emprega a narración e o diálogo co público de maneira empática como mecanismo de catarse conexión e reflexión colectiva.
'Punto en boca. Costura e teatro', de Raquel García Crespo. É un proxecto de creación escénica e investigación que ten como base o oficio da costura como tradición, herdanza xeracional e medio de vida, e como tal, moi asentado nun territorio no que o oficio da costura marcou a vida de moitas mulleres da provincia. Utilizan o pasado e a tradición para entender a actualidade e mirar ao futuro.
Por último 'A clase', de Mala Herba Producions, consiste na produción e distribución dunha curtametraxe que aborda o abuso de poder e o acoso nas escolas de arte dramática. O contexto do ámbito educativo no que se centra é fundamental para visibilizar este problema entre a xente nova.