Representantes da Deputación Provincial da Coruña e dos concellos implicados no proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte reunÃronse onte en Ponteceso coa intención de chegar a acordos nos seguintes pasos a dar. Un dos acordos foi o de establecer o centro de interpretación do futuro parque nas instalacións de Dombate dedicadas agora ao dolmen, esta decisión fundamentouse "pola súa situación de centralidade xeográfica e tamén por tratarse do principal elemento megalÃtico da Costa da Morte", segundo comunica a Deputación. Nas últimas obras de mellora licitadas polo ente provincial para estas instalacións en 2021 xa se contemplaba unha renovación dos paneis informativos que incluÃse referencias ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte.
Na mesa reunión tamén se aprobou a adhesión do Concello de Cee, novo integrante do proxecto, e a creación dun comité cientÃfico e técnico que estea integrado por profesionais da Xunta de Galicia; as dúas universidades da provincia (A Coruña e Santiago de Compostela); a Deputación e, de ser o caso, persoal técnico dos concellos das áreas de arqueoloxÃa e/ou turismo. O proxecto deste parque inÃciase co século XXI de mans da Xunta de Galicia e desde 2005 estivo creando expectativas de posta en marcha e frustrándose unha vez tras outra durante case dúas décadas ata este impulso final dado en 2021 xa coma iniciativa da Deputación Provincial desde 2018. O obxectivo é visibilizar, divulgar e promocionar a cultura megalÃtica da Costa da Morte, que conta con máis de 300 mámoas, dolmens e outras construcións funerarias, representativas da nova Idade da Pedra en Galicia. Actualmente, ademais da Deputación forman parte do proxecto os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, A Laracha, Laxe, DumbrÃa, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo, Zas, Coristanco e agora Cee.