O nome do desaparecido actor coruñés Fernando Rey leva anos a ser o que dá empaque a un dos premios de honra da Academia Galega do Audiovisual, agora é el o obxecto dunha homenaxe póstuma por parte do Ourense Film Festival (OUFF) que na súa 29ª edición dedÃcalle o Premio Memoria Histórica. Será dentro da sección Ouffemérides que o festival lembrará este ano ao actor nos 30 anos do seu pasamento. Fernando Rey (A Coruña, 1917 - Madrid, 1994) foi unha das grandes figuras do cinema nacional, o actor galego máis internacional do pasado século. Traballou con directores da talla de Luis Buñuel, Carlos Saura ou Jaime Chávarri e logrou o salto internacional con Orson Welles, Vicente Minnelli ou Ridley Scott, entre outros. Xustamente serán os cineastas que traballaron con el, Manuel Gutiérrez Aragón e Jaime Chávarri os que entregarán o galardón ao seu fillo, Fernando Casado.
Os directores lembrarán nun encontro as rodaxes con Rey e compartirán as súas reflexións sobre a pegada do actor galego na historia do cinema . A conversa estará dirixida polo catedrático en Comunicación Audiovisual pola USC José Luis Castro de Paz, autor da publicación 'O cine de Fernando Rey. Talento, azar e dor', editada no marco do OUFF. Esta actividade será o martes 1 de outubro ás 19:30 no Teatro Principal. Con esta homenaxe, algunhas das grandes pelÃculas de Fernando Rey voltarán á gran pantalla: 'Bearn o las salas de las muñecas' (1983) de Jaime Chávarri; 'El discreto encanto de la burguesÃa' (1972) de Luis Buñuel; 'Elisa, vida mÃa' (1977) de Carlos Saura e 'The French Connection' (1971) de William Friedkin proxectaranse durante a semana do festival, do 27 de setembro ao 6 de outubro.
Fernando Rey, o actor galego máis internacional
Membro dunha familia da burguesÃa industrial coruñesa, fillo do destacado militar Fernando Casado Veiga, con el compartirá a trincheira republicana durante a Guerra Civil, que, co seu tráxico final, cambiará a súa vida para sempre. Actor case por necesidade, encarcerado o seu pai, despuntará no cinema español dos anos corenta grazas ao seu elegante porte e á calidade extraordinaria da súa voz. Republicano e progresista ata o final dos seus dÃas, vinculouse cos movementos renovadores do cinema español, colaborou con directores como Juan Antonio Bardem e Luis GarcÃa Berlanga, e rodou con Luis Buñuel catro tÃtulos fundamentais. Convertido nun prestixioso actor internacional e merecedor dos máis altos galardóns dentro e fóra de España, despedirase do cinema e a televisión tras realizar na serie El Quijote a postremeira e maxistral demostración do seu inmenso talento interpretativo.