Vinte paneis a repasar a traxectoria vital e literaria de RosalÃa de Castro compoñen RosalÃa. Proclamar ao mundo que Galiza existe. O Museo do Pobo abre este 25 de setembro esta exposición con textos do investigador Francisco RodrÃguez e promovida por VÃa Galega e pola Federación Galiza Cultura. Os contidos da exposición e o catálogo correspondente están dispoñibles en liña no web de VÃa galega.
Segundo explica a presentación do proxecto, este "conxuga tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de RosalÃa de Castro: a súa biografÃa, o contexto histórico e socio-cultural en que se desenvolve e a orientación, o sentido e a vixencia da súa obra".
Deste xeito, a mostra quere salientar a formación intelectual da autora asà como repasar, a través de fragmentos da súa obra, os seus posicionamentos sobre cuestións como o matrimonio, a emigración, a situación subalterna de Galicia ou o papel da muller, a incidir no seu compromiso social e cultural.