A coruñesa Bea Lema foi galardoada este 16 de setembro co Premio Nacional de Cómic que concede anualmente o Ministerio de Cultura. O premio, dotado con 30.000 euros, recoñece a obra El Cuerpo de Cristo, publicada pola editora vasca Astiberri.
O xurado do galardón recoñeceu do proxecto "o ser unha obra innovadora, arriscada na forma, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade pola maneira de abordar un tema tan complexo como o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, asà como a reivindicación da importancia dos coidados".
Do mesmo xeito, o fallo sinala que "é unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que utiliza recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante".
O xurado estivo presidido por MarÃa José Gálvez Salvador, directora xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura; e como vicepresidente actuou Jesús González, subdirector xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas. Como vogais actuaron Ana Prada Jiménez, proposta pola Asociación de Autores de Cómic de España (AACE); Luis Miguel Pérez González, pola Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais (FADIP); MarÃa Bravo Cortés, pola Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreros (CEGAL); Mònica Rex GarcÃa, pola Asociación dos CrÃticos e Divulgadores de Cómic de España; Josep Domingo del Calvari, pola Asociación de Autoras e Autores Profesionais de Cómic de España (APCómic); Emilio Gonzalo Mallo, pola Asociación Sectorial do Cómic; Fernando Lara Pérez, pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando; MarÃa Teresa Antona López, pola Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE); Itziar Adelaida Pascual Ortiz, polo Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid; Ana Murillo Yagüe, polo Ministerio de Cultura; e Borja González Hoyos, autor galardoado na convocatoria anterior.
Lema obtivera o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña en 2017 cunha versión anterior desta mesma obra, que tamén foi galardoada no Festival de Banda Deseñada de Angoulême, en Francia.