O Concello de Mos levará a cabo accións de protección e posta en valor do Miliario de Santiaguiño de Antas. O miliario é un indicador de distancias empregado polos romanos, o de Mos é un dos elementos históricos máis salientables e relevantes do patrimonio local pois data do Século II e formaba parte da VÃa XIX, que unÃa as localidades de Braga e Astorga, pasando por Lugo. Foi levantado durante o mandato do emperador Traxano, a inicios do século II d.C. Segundo apunta o xornal Faro de Vigo, unha pequena marca recente no miliario fixo activar as alarmas do goberno local para aumentar as accións de protección do ben, situado ao carón dun camiño polo que pasa o Camiño Portugués de Santiago e polo que tamén transitan maquinarias agrÃcolas.
O proxecto que está a ser elaborado polo consistorio inclúe entre outras, actuacións de iluminación e protección do elemento histórico patrimonial mosense, rexistrado no Inventario de Bens Municipais datado en 1992, e no Catálogo de Bens e Elementos a Protexer ou Catálogo do Patrimonio Cultural de Mos incluÃdo no Plan Xeral de Ordenación Municipal, PXOM, mosense aprobado o 18 de xaneiro de 2017. Este miliario atópase ademais en pleno lugar de paso da Ruta Xacobea a Santiago de Compostela, concretamente do Camiño Portugués.