Os restos arqueolóxicos aparecidos no predio do antigo convento de San Francisco, na Coruña, poderán visitarse con maior facilidade. O Concello anunciaba este 11 de xullo o proxecto de acondicionamento deste terreo para permitir o acceso a estes bens e polos en valor como xacemento arqueolóxico.
Segundo adiantou o Concello, esta actuación, deseñada polo estudio RVR arquitectos, prevé acondicionar un novo camiño de acceso ademais de renovar o xa existente. Ademais, abordarase a substitución do peche perimetral por un máis resistente que integre o conxunto coa zona axardinada anexa e facilite a súa visualización.
A proposta contempla tamén a realización de traballo de acondicionamento das fachadas presentes na zona, e a impermeabilización da coroa do muro que une a torre da igrexa da Orde Terceira e o Museo Militar. Tamén se realizarán melloras na iluminación coa instalación de novas lámpadas e paneis interpretativos do conxunto.
Segundo adiantou o Concello, a proposta fai parte dunha serie intervencións por valor de 2,1 millóns de euros para a mellora e dinamización do patrimonio cultural e histórico da Cidade Vella. O antigo predio do convento acolle na actualidade restos de diferentes muros e do claustro desta edificación do século XIII canda a unha necrópole anterior ao mesmo.