O castro de Punta de Muros ou castro do Cociñadoiro foi un singular xacemento prehistórico localizado onde agora se atopa o Porto Exterior da Coruña. O castro foi escavado na súa integridade como paso previo á súa destrución para a construción do equipamento portuario. AÃnda que durante todo o proceso, a Autoridade Portuaria da Coruña non fixo ningún anuncio da relevancia dos achados, a posterior publicación de artigos ou mesmo das memorias da escavación revelaron que se trataba dun xacemento arqueolóxico excepcional: unha factorÃa fortificada de finais da Idade do Bronce ou inicios da do Ferro. Algunhas das estruturas singulares do xacemento foron extraÃdas para seren reconstruÃdas, xunto con obxectos procedentes da intervención arqueolóxica, nun centro de interpretación. Este foi presentado no ano 2011, para ser construÃdo entre os lugares próximos de Suevos e Rañobre. Porén, non se soubo máis da intención ata onte, cando o Goberno central respondeu a unha pregunta do BNG sobre este proxecto. A Autoridade Portuaria sinalou que no plan de investimentos 2023-2027 está contemplada unha partida de 202.000 para a redacción do proxecto técnico. A redacción do proxecto non implica, en todo caso, a construció do centro de interpretación, agás que se produza unha modificación nese plan de investimentos vixente.