A vitalidade das linguas minoritarias no terreo dixital supón un feito fundamental para a preservación dos legados culturais e un xeito de garantir que tanto a cultura como a comunidade representadas por dita lingua sexan preservadas e continúen "florecendo". Con esa premisa o Anuario de cultura dixital 2024 elaborado pola entidade pública Acción Cultural Española (AC/E) inclúe un informe neste sentido, estudando o xeito en que as linguas minoritarias están representadas en diversas manifestacións do espazo dixital, fundamentalmente nas expresións culturais incluÃndo os máis recentes hábitos de consumo. O documento tira conclusións e presenta datos moi enfocados na comparativa entre as seis linguas cooficiais existentes en España.
"Coñecer e protexer unha lingua é coñecer e protexer unha cultura", asà o explica o resumo deste informe "Focus 2024 Análise Internacional sobre o uso de linguas minoritarias na cultura dixital", elaborado pola consultorÃa Dosdoce.com para AC/E. A súa análise céntrase en seis formatos de da cultura dixital: Libros, Audio (podcasts), Música, Audiovisual, Artes Escénicas e Videoxogos. En todos estes casos ademais o informe detense a reflexionar sobre o impacto que terá para as linguas minoritarias o uso de ferramentas de Intelixencia Artificial neles. No relativo á lingua galega, o informe sitúa ao galego nunha posición pouco favorecida respecto a catalán e vasco na maiorÃa das categorÃas, agás en detalles como a presenza na rede de capÃtulos de podcast en galego. Nese sentido, tirando de datos da plataforma IVoox o informe destaca a existencia na rede de máis de 26.000 episodios de podcast con audio en galego, moi por riba dos 12.000 que contabiliza en Euskera. Xustamente, sobre o consumo de podcast e de contidos de audio dixitais, o documento conclúe que os creadores poden atopar neles unha canle de difusión e promoción das linguas ata agora sen precedentes" e indica que "se os organismos públicos e privados seguen a apostar polo seu desenvolvemento con axudas e convocatorias que fomenten o seu crecemento, farán máis doada a aposta de ditos creadores". No relativo á posición da nosa comunidade en canto a nivel de oÃntes destes formatos, os datos do Observatorio IVoox coloca a Galicia, con 4,73 por cento do total do estado, entre Castilla y León ((5,75) e PaÃs Vasco (4,50).
Outro tipo de contidos dixitais de son presentes neste estudo son os audio-libros. Nese sentido o documento usa datos do informe Hábitos de Lectura e compara de Libros en España 2023 para explicar que nos últimos anos triplicouse o número de lectores que escoitan de xeito frecuente estes contidos. Nese sentido o galego representa un 0,5 por cento do total, mentres que entre as linguas das comunidades autónomas o catalán supón o 4,8 por cento. O documento Focus 2024 chega a asegurar que a tendencia cara un maior interese polos contidos en linguas minoritarias "fai prever que en non máis dun dezaoito meses as principais plataformas de audio incrementen a súa produción nesas linguas cubrindo categorÃas e xéneros que ata o momento dispuñan dun catálogo moi descuberto, como é o caso da literatura infantil e xuvenil", afirma.
A IA como oportunidade para as linguas minorizadas
Poucos datos pode achegar o informe sobre a oferta en linguas minoritarias en formatos como a música, as artes escénicas ou o audiovisual. En realidade, deste último só lembra que a nova lei audiovisual estatal establece que as plataformas deberán dispor como mÃnimo dun 6 por centos dos seus tÃtulos en cada unha das linguas cooficiais: catalán, galego, éuscaro, valenciano e aranés. Neste sentido, igual que no caso dos contidos dixitais de artes escénicas, o documento apunta ao desenvolvemento de tecnoloxÃas de Intelixencia Artificial como futuro do incremento da oferta de estes e outros contidos culturais no espazo dixital en linguas minoritarias grazas a que "reducirá custes de procesos relacionados coa tradución de contidos, xeración de subtÃtulos ou dobraxe, co debido seguimento e control de calidade por parte dos profesionais correspondentes". O Focus 2024, lembra que catro de cada cinco xoves consumen ocio dixital a diario, dedicando unha media de 6,95 horas ao dÃa e tendo entre as súas principais actividades o consumo de contido audiovisual.
Tamén cos máis novos ten moito que ver a análise das linguas no sector dos videoxogos, unha alternativa de ocio cultural con gran presenza nos hábitos xuvenÃs. Se ben ata o de agora o inglés (96 por cento) e o castelán (91 por cento) seguen a ser os principais idiomas de videoxogos creados en España, o documento recoñece unha clara tendencia a que os estudios de produción de videoxogos españois creen máis produtos en linguas minoritarias. Segundo recolle Focus 2024 con datos do Libro Branco do desenvolvemento español de videoxogos 2023, as linguias cooficais xa están representadas neste sector. , cunha considerable presenza de catalán e valenciano (25 por cento), un 9 por cento en éuscaro e un 3 por cento en galego.
A Wikipedia como territorio das comunidades
Caso aparte destes mencionados o supón a produción en linguas cooficiais dos contidos de información na Wikipedia. Esta plataforma comunitaria presenta uns datos sobre a lingua que inclúen varios criterios obxectivos sobre os que comparar as seis linguas oficiais no territorio español. Resultando o Español claramente por riba dos demais en número de artigos, de participantes activos e de frecuencia de actualización (profundidade). O galego acada a terceira posición entre as linguas oficiais das CCAA, con 202.432 artigos publicados grazas a unha comunidade de 270 participantes activos, os cales teñen de media 750 artigos cada un deles. Sinala o potencial de Wikipedia o documento como exemplo de creación de contidos mancomunados que retrata a importancia da accesibilidade da información para as comunidades con lingua propia, o caso do aranés, que contando con só 33 participantes activos acumula ata 45.000 artigos , cunha media 1352 artigos por participante, a máis alta de todas as linguas presentes no estado, incluÃdo o Español.