A coincidir coa fin de semana expandida do Día das Letras Galegas, o país énchese de actividades para lembrar a Luísa Villalta e conmemorar a nosa lingua. A Coruña centra boa parte da atención, co pleno da Real Academia Galega no Teatro Rosalía de Castro como evento central. Ana Romaní, Margarita Ledo e Euloxio R. Ruibal intervirán nun acto no que a violinista da Real Filharmonía de Galicia Kiyoko Ohashi e a cantante e poeta coruñesa Estíbaliz Espinosa correrán co apartado musical.
Ademais, nese 17 de maio a Casa do Concello acolle a inauguración de Luísa Villalta. A música das palabras. Esta exposición promovida pola Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, conta con comisariado de Xesús Domínguez Dono e foi producida por Merlín Comunicación. O proxecto repasa, en 14 paneis acompañandos de varias vitrinas con obras e obxectos persoais, a traxectoria da homenaxeada no Día das Letras. Xa na véspera, a cidade acolle tamén o Concerto das Letras do Consello da Cultura Galega, ademais dun acto de homenaxe da man da Asociación Cultural Alexandre Bóveda coa presenza de Ana Pillado, Marga do Val e Pilar García Negro.
Ferrol contará tamén cunha gala musical polo Día das Letras este domingo 19 con actuacións do Coro Toxos e Froles e de Airiños de Fene. No acto estrearase unha obra de Juan Durán da man do barítono Gabriel Alonso e da soprano Clara Jelihovschi.
A Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura abre o día 16 a exposición biobibliográfica Luisa Villalta, a memoria dos sons, que se poderá ver ata o vindeiro mes de setembro. Tamén Santiago de Compostela celebra a data con roteiros literarios e representacións das obra Made in Galiza de Sarabela Teatro, e o recital multidisciplinar Ritos de resistencia con Eva Veiga, Bernardo Martínez e Fito Ares o día 18.
En Ponteceso a Fundación Pondal enche de actividades a aldea do Couto un ano máis. Un roteiro pondaliano o día 16 dará paso no propio Día das Letras a un programa que inclúe gaitas, misa en galego, a entrega dos premios Bos e Xenerosos, unha mostra de libro e artesanía ou a música da Banda Xangai. En Boiro, pola súa banda, ten lugar a XIII Romaría das Letras no Barbanza, da man da Asociación Barbantia. Música, teatro, presentacións literarias e postos de artesanía e de produtos culturais combínanse nesta proposta.
Pola banda de empresas, como é habitual, a empresa de supermercados Vegalsa-Eroski publica carteis conmemorativos que se poderán atopar nos seus establecementos canda a unha tiraxe de bolsas dedicadas á autora homenaxeada. Gadis, pola súa banda, distribuirá 30.000 exemplares dun caderno con actividades "para descubrir curiosidades dos escritores desta terra" canda a marcapáxinas e bolsas de papel conmemorativas.
As adegas Viña Costeira súmanse á cita da man da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega e programan unha cata e visita ás súas instalacións coa participación de diferentes nomes das letras do noso país, como Nuria Fernández, Óscar Vázquez Lima, Montse Villar, Almudena Santamaría, Maite Mosconi e Beto Luaces.
Afundación, á súa vez, publicou no seu web un especial didáctico sobre a data que inclúe un conto interactivo e unha roda de letras con propostas que van desde cuarto de primaria ata persoas adultas.