O Diario Oficial de Galicia recolle este 6 de maio a resolución das axudas á tradución de obras en galego para outras linguas e á inversa. A ConsellerÃa de Cultura distribuÃu nesta xeira da convocatoria un total de 160.343 euros entre 83 proxectos literarios de vinte editoras diferentes. A cifra supón un descenso de 27.000 euros respecto ás subvencións concedidas en 2023, e non esgotan o crédito de 200.000 euros con que contaba a liña de axudas. Do mesmo xeito, o número de proxectos que conseguen apoio baixa en seis a respecto do pasado exercicio.
Por tÃtulos, as obras que reciben máis fondos, con 6.000 euros cada unha, son Badaq da editorial Bululú, Trance muerto. Primera temporada, de NK Projects, e as versións en inglés que prepara Small Stations Press de Expediente Artieda e O sol do verán. A mesma editora segue a listaxe de proxectos máis beneficiados coas adaptacións de Sobrevives? (4.371 euros), A pintura debida (4.608) e A ferida do vento (4.090). En total, a firma inglesa suma un total de 25.429 euros de axudas e se situa como a segunda que consegue máis apoio na convocatoria.
A seguir na listaxe de obras con máis fondos, o Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural continúa co seu proxecto de tradución ao galego de tÃtulos de Emilia Pardo Bazán e obtén 3.960 euros para cadansúa edición de La madre naturaleza, La piedra angular, La tribuna e Los Pazos de Ulloa. Estes lanzamentos, canda á tradución do Catecismo do labrego, sitúan esta editora como a terceira máis beneficiada na resolución, a sumar 17.667 euros de axudas.
No entanto, é Rinoceronte Editora a que encabeza as adxudicacións, con 31.061 euros que reparte entre quince tÃtulos diferentes. NK Projects, que distribúe 12.679 euros entre catro proxectos, e Follas Voadoras, con 12.430 para seis traducións, fechan a listaxe das cinco empresas máis beneficiadas por esta liña de axudas