A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) abría este 17 de abril en Braga a XIV edición do Congreso Internacional de Estudos Galegos, que se centra nas relacións cos países de fala portuguesa. Baixo o título Horizontes dos Estudos Galegos e/na Lusofonía, o encontro reúne especialistas de todo o mundo na investigación sobre a nosa cultura e a nosa sociedade desde diferentes perspectivas.
A nova xeira do encontro pretende ser "un espazo para a reflexión sobre a relación entre Galiza e os estudos galegos co que se ten denominado Lusofonía". Segundo explica a presentación da cita, "como se sabe, xa nos inicios da irrupción do galeguismo cultural (e político) no século XIX -e, polo tanto, en boa medida, tamén do inicio do que podemos entender por estudos galegos -Portugal e a súa cultura- o mundo en portugués en xeral- ocuparon unha posición non menor nas elaboracións dos galeguistas".
No actual encontro "baixo unha diversidade de abordaxes, pretendemos promover o debate sobre as relacións culturais, e outras, entre Galiza e a Lusofonía que poden partir de cuestións como: estamos na actualidade perante un novo tempo nas relacións de variado tipo entre Galiza-Portugal-Lusofonía?; a chamada Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal é unha entidade con dimensión cultural?; cales son os elementos culturais (lingua, historia, paisaxe etc.) en que se apoia(ba)n as iniciativas de interrelación?; en que medida os Estudos Galegos deben/poden estabelecer pontes co espazo poliédrico da Lusofonía?".
No congreso preséntanse investigacións en campos como o lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico ou artístico dentro dos estudos galegos, ademais de análises específicas sobre a relación coa Lusofonía, con temas como Políticas culturais e lingüísticas e Lusofonía en Galiza; Estudos Galegos nos países de lingua portuguesa; Mobilidades laborais, turísticas, académicas etc. Galiza-Lusofonía; Patrimonio(s) materiais e inmateriais compartidos; Desfronteirización e Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal ou Lusofonía e poscolonialismo.
O feche do encontro, que se celebra a coincidir coas conmemoracións dos 50 anos do 25 de Abril en Portugal inclúe a celebración dunha nova edición da gala Ari(t)mar. O evento consiste nunha reedición da gala 2023 deste certame de música e poesía das dúas bandas da Raia. Retimbrar, María Isabel Fidalgo e a Associação José Afonso, Fillas de Cassandra e Arancha Nogueira participarán desta iniciativa, que contará tamén coa cantora, acordeonista e compositora Celina da Piedade.
No marco do encontro, o Consello da Cultura Galega organizou este mércores 17 unha sesión de relatorios arredor do repertorio lírico-medieval galego-portugués. Na mesma, Antoni Rossell e Belén Bermejo abordaron a evolución e a actualidade na interpretación destas cantigas mentres Luciano Pérez Díaz impartiu a conferencia "A descuberta da Artesanía Intricada dos mestres pedreiros". A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, participará na conferencia plenaria "A Galiza e a Lusofonía, e viceversa. Unha conversa". A entidade achega ademais a este encontro a exposición Afonso X e Galicia.