Entrega de premios da XIX MICE. Fonte: MICE
O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollía este 24 de marzo a entrega dos premios da XIX Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, que organiza esta institución. Taxibol, de Tommaso Santambrogio foi a proposta que se fixo co Premio MICE ao Mellor Filme. O xurado destacou desta produción o ser unha "proposta impactante e esteticamente portentosa, que explora os límites entre a ficción e a non ficción" e que establece unha contraposición "entre un diálogo íntimo, que transcende as barreiras lingüísticas e culturais, e o retrato sutil de relacións cotiás nas que persisten a violencia, o pasado colonial e dinámicas de poder".
O xurado, composto por Catherine Barbour, xefa do Departamento de Estudos Hispánicos do Trinity College Dublin (Irlanda); Adriana Páramo, cineasta e fundadora do Galician Film Forum en Londres; e Eloy Domínguez Serén, cineasta e profesor; outorgou tamén unha Mención Especial a Flotacija, de Eluned Zoe Aiano e Alesandra Tatić.
Canda a elas, a curtametraxe Habitar, de Anxos Fazáns, foi recoñecida como mellor filme galego desta edición. Pola súa banda, o Premio AGANTRO á Excelencia Antropolóxica, que outorga a Asociación Galega de Antropoloxía, recaeu en El signo vacío, de Kathryn Ramey.
Houbo tamén un galardón para A Revolución (é) Probable, de María Ruído, Paula Barreiro-López e Lee Douglas, que foi recoñecido co Premio CREA da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización. Finalmente, o Premio do Público desta xeira foi para 12 de maio de 1937, de Mar Caldas, "un filme sobre o fusilamento, durante a guerra civil española, do avó da cineasta, José Caldas, sindicalista e concelleiro socialista", segundo explica o web da MICE.