A USC desenvolve unha programación especial arredor de Manuela Rey is in da house

Ata o vindeiro mes de marzo promoverá intervencións artísticas, conferencias, encontros e unha representación especial do espectáculo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A USC desenvolve unha programación especial arredor de Manuela Rey is in da house

O programa Faíscas Culturais da Universidade de Santiago está a desenvolver un programa especial arredor do vindeiro espectáculo do Centro Dramático Galego, Manuela Rey is in da house. Co título Manuela Rey is in da USC, a entidade desenvolve intervencións artísticas, conferencias e encontros nas facultades de Ciencias da Educación, Historia, Filoloxía e Medicina, así como unha representación especial do espectáculo o día 13 de marzo de 2024 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Segundo apunta a USC, "a elección destes centros responde ao interese de abordar desde diferentes disciplinas os múltiples perfís da vida e obra desta importante e descoñecida actriz". No programa, a Facultade de Medicina acolleu dúas sesión sobre "O impacto das pandemias na mortalidade no século XIX os días 6 e 15 de febreiro, mentres Fran Núñez, director da obra e do Centro Dramático, impartiu unha charla na de Ciencias da Educación o día 19.

O alumnado deste centro protagonizará as instalacións colectivas Manuela Rey is in da street, que repatirá dez bustos da actriz por diferentes espazos da cidade o 6 de marzo, ou Unha postal para a muller lirio, que ocupará a entrada do edificio o día 7. Ademais, a facultade acollerá as propostas Un percorrido creativo con lingua, música e arte do S.XIX o 19 de marzo e a intervención Imaxinando a Manuela Rey: creación de biografías ilustradas e propostas escénicas para a infancia, o día 10 de maio.

A Facultade de Historia, pola súa banda, desenvolverá o vindeiro 4 de marzo un relatorio sobre As migracións urbanas: Lisboa como destino na época moderna. A de Filoloxía participa do programa a fazer un repaso sobre a literatura portuguesa do século XIX e os hábitos culturais da sociedade naquel momento, cun especial foco no teatro luso.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, USC, Medicina, Teatro...