'Habitar as fendas' é o tÃtulo da obra coa que a escritora e psicóloga Gisela Mato Rivera, ven de obter o XII Premio de PoesÃa Manuel Lueiro Rey, convocado desde o Concello de Fornelos de Montes. O xurado reunido en Santiago decidiu outorgar por unanimidade o premio ao poemario presentado baixo o tÃtulo 'Habitar as fendas', de entre os corenta e cinco traballos presentados este ano. O premio inclúe unha dotación de 2.500 euros e a publicación do texto en Edicións Xerais. O xurado estivo constituÃdo por LuÃs Cochón, en calidade de presidente e mais as vogais Afra Torrado e Noelia Gómez, Mercedes Queixas e Armando Requeixo, amais de por Carmen Carreiro, como secretaria con voz e sen voto. Gisela Mato, nacida de paÃs ourensáns na emigración suÃza, xa ten no seu haber outros galardóns de poesÃa, sendo o máis recente O XXXV Premio de poesÃa Pérez Parallé coa obra Fraxilidades en 2022.
O xurado salientou en 'Habitar as fendas' a "capacidade para interpelar a quen le abismándoo no océano da violencia, tanto fÃsica como xenérica, que remove e incomoda, pero que se supera pola forza resiliente do amor. Nestes versos a vida habita nas fendas e sobrevive a toda mancadura. A luz esperanzada ábrese paso nos intersticios, brilla por riba da ira, das feridas e lañas que os desencontros afectivos sementan", comentan na acta. Segundo o xurado o texto gañador desta edición está escrito cun "admirable teselado de poemas en prosa", co que a obra "deita unha musicalidade que arboriza e sostén cada verso enlevándoo e conseguindo que todo poemario funcione como un mecano harmónico onde resoan as voces de moitos dos grandes da tradición lÃrica da nosa contorna, dende Éluard a Trakl pasando por Celan e outros moitos que, Habitando nas fendas, recrearon capitais da dor", sinala o xurado.