Isabel Soto faise co XXIII Premio de Tradución Plácido Castro

A veterana tradutora recibirá 3.000 euros en metálico polo seu traballo na novela A herdanza de Ferramonti

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A obra e a tradutora galardoadas. Fonte: Facebook de Hugin e Munin

A obra e a tradutora galardoadas. Fonte: Facebook de Hugin e Munin

A tradución da novela A herdanza de Ferramonti que realizou Isabel Soto e publicou a editora Hugin e Munin acaba de se facer co XXIII Premio Plácido Castro ao mellor libro traducido de 2024. O galardón, dotado con 3.000 euros e unha escultura, recoñeceu a versión desta obra de Gaetano Carlo Chelli publicada orixinalmente en italiano en 1883.

A tradutora, que conta cunha traxectoria dunha 400 obras traducidas do francés, o italiano ou o portugués, obtivera xa o premio con Fosca, de Igino Ugo Tarchetti, publicada en 2016. O galardón, que organiza a Fundación Plácido Castro, decidiuse nesta ocasión entre trece candidaturas.

A obra galardoada é a máis coñecida de Gaetano Carlo Chelli e aborda os conflitos dunha familia burguesa arredor da herdanza do patriarca, a retratar unha época de rápidas transformacións sociais na cidade de Roma.

O xurado do certame estivo composto, segundo recollen as bases, por representantes da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación, a Real Academia Galega, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e mais da Xunta de Galicia, cunha persoa en representación da Fundación Plácido Castro con voz e sen voto.

Que che parece esta nova?
122 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plácido Castro, Tradución, Hugin e Munin, Fundación Plácido Castro...