María Alonso Seisdedos gaña o premio á mellor tradución de literatura catalana

Traduciu ao galego o libro de Irene Solà Canto jo i la muntanya balla

15/12/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
58 lecturas | Compartido 0 veces

A tradutora recollendo o premio. Foto: Institut Ramon Llull

A tradutora María Alonso Seisdedos recibiu onte o premio á mellor tradución catalana do ano pola súa tradución da novela de Irene Solà Canto jo i la muntanya balla (Factoría K), outorgado polo Institut Ramón Llull. O traballo de María Alonso Seisdedos con esta exitosa novela de Solà continúa, xa que logo, colleitando premios, xa que recibiu tamén recibiu o Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Traducido do ano 2021, convocado por editores, escritores e libreiros e o Plácido Castro de Tradución na súa XX edición que organiza a Fundación Plácido Castro coa Asociación Galega de Tradutores. Entre os últimos traballos literarios traducidos ao galego por María Alonso están dúas novelas de Patricia Highsmith: O talento do Señor Ripley e Carol (Kalandraka, 2022).


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, María Alonso Seisdedos, Plácido Castro, Literatura...