Un total de 198 persoas vinculadas coa fotografÃa, co comisariado e coa historiografÃa, asà como propietarios e propietarias de diferentes arquivos de fotógrafos históricos galegos asinan un comunicado no que reclaman a creación dun Centro de FotografÃa Galego. O documento, que se dirixe a todas as forzas polÃticas que se presentan as eleccións do 18 de febreiro, apunta o perigo no que se atopa este patrimonio no noso paÃs.
O texto advirte da importancia do legado de imaxes que se conserva en Galicia e sinala que "grande parte destes arquivos perdeuse ou viuse deteriorada co paso do tempo. Outros moitos consérvanse grazas aos esforzos das persoas que os herdaron, nas mellores condicións que poden, que distan moito de ser as máis axeitadas e ameazan con seguir deteriorándose ou perdéndose". Nese sentido destaca a falta de persoal, equipamentos e institucións dedicadas á conservación, dixitalización, procesado e difusión deste patrimonio.
Fronte a isto, o texto salienta a necesidade "dunha institución que conserve, dixitalice, procese, organice, difunda e promova o estudio do noso rico patrimonio fotográfico, poñéndoo a disposición da actividade investigadora, tanto da historia da fotografÃa, como doutras múltiples disciplinas para as que a fotografÃa pode ser de interese". Canda a isto, advirten que "o interese pola fotografÃa histórica ten que ir acompañado dunha polÃtica adecuada de cara a potenciar a creación fotográfica contemporánea".
Entre os nomes que participan desta reivindicación atópanse algúns coma Xurxo Lobato, Xosé Luis Suárez Canal, Manuel Sendón, Margarita Ledo, Miguel Anxo Seixas, Josefina Novo Málvarez, Andrea Costas, Laura Tarré, Olaia Sendón, X.L. Vázquez ou o Colectivo fotográfico Ollo.