Xa está aberto desde o 1 de xaneiro o prazo para participar na primeira edición do Premio Internacional de Estudos Galegos. Teses de mestrado ou de doutoramento asà como outros traballos académicos realizados en universidades de fóra de Galicia nos anteriores tres anos poden optar ao galardón deste certame trienal convocado pola Asociación Internacional de Estudos Galegos, que conta co apoio da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia e a UMinho Editora. O premio vai destinado a investigadores que desenvolven a súa labor no ámbito xeral dos Estudos Galegos en universidades de fóra de Galicia. O galardón conta cunha dotación económica de dous mil euros e a publicación en formato de libro electrónico, na UMinho Editora. O xurado poderá atribuÃr mencións de honra, até un máximo de tres. O prazo de presentación de traballo remata o vindeiro 1 de marzo de 2024. A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AEG) reúne a investigadores e docentes de diversas universidades de todo o mundo que teñen en común os estudos sobre Galicia, a súa cultura e a súa lingua. Deu os seus primeiros pasos en 1985 nos EEUU, coa celebración do I Congreso de Estudos Galegos na Universidade de Maine, organizado por Kathleen March.