
Patricia Ferreira estivo moi vencellada a Galicia asinando a súa primeira longametraxe cinematográfica aquà da man de Continental Produciones, o filme de intriga 'Sé quien eres' (1999), rodado en Galicia, co que acadou unha candidatura a mellor dirección novel nos Premios Goya e que estrou na sección Panorama da Berlinale, nun fito do seu tempo para unha pelÃcula producida pola incipiente industria audiovisual galega. O tándem coa produtora coruñesa levouna a dirixir tamén a pelÃcula 'El alquimista impaciente' (2001) que incluÃu tamén numeroso equipo técnico e artÃstico galego. Ambas longametraxes tiveron no seu momento dobraxe Ãntegra ao galego, incluÃdo nas súas comercializacións en formato DVD. En 2004 volveu traballar con Continental dirixindo a pelÃcula "Para que no me olvides", coa que participou na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de BerlÃn (2005) e acadou o Premio do Público no Festival de Toulouse (2005). No ano 2009 presentou o documental 'Señora de', rodado en galego e con produción de O Raio Verde, no que trece mulleres contan as súas vidas na España franquista, un tempo no que as súas voces, os seus desexos e os seus pensamentos foron silenciados. Durante anos a súa actividade centrouse na creación e impulso de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais), a través da que defendeu unha sociedade máis igualitaria e diversa e a igualdade de oportunidades no cine e o audiovisual para as mulleres.