Coa revolución dos ordenadores persoais (o PC) o soporte lóxico ou software foise convertendo nunha parte cada vez máis importante do gasto nun ordenador. A dÃa de hoxe temos software propietario, que se distribúe xa compilado, e software libre ,que é o que se distribúe co código fonte e que ofrece grandes posibilidades, entre moitas outras utilidades, para traducción e distribución. E precisamente por estas facilidades está ofrecendo novas vÃas para as linguas minorizadas. Este foi un dos piares que se abordaron nos VII Encontros para a Normalización LingüÃstica que organiza o Consello da Cultura Galega.
A semana pasada realizáronse en Santiago os Encontros para a Normalización LingüÃstica con tres eixes fundamentais: a lingua galega no medio urbano e na mocidade; os proxectos empresariais relacionados coa lingua e a importancia da informática ao servicio da lingua. E precisamente neste último punto ábrese todo un camiño que pode contribuÃr á normalización do idioma no que coincidiron todos os asistentes ás mesa de traballo titulada “O software libre: ofertas actuais e necesidades” nas xornadas que desde hai sete anos organiza o Centro de Documentación SociolingüÃstica de Galicia do Consello da Cultura Galega.
Software libre e propietario: descrición
Do mesmo xeito que os ordenadores se popularizaron como ferramentas de traballo e se fixeron imprescindibles, o software foise convertendo nunha parte cada vez máis importante da informática. E, en función da liberdade que a licencia outorgue a cada usuario, o software distribúese en propietario (que se distribúe compilado e é comercializado ben de balde -freeware- ben de pagamento logo dun perÃodo de proba -shareware-) ou libre, que é o que se distribúe co código fonte, o que ofrece grandes posibilidades para a traducción, adaptación e a posterior difusión. O software é o contido de programación a partir do que se xera o programa. E ten dúas caracterÃsticas principais, por unha banda permite ver o código que significa poder ver o que fai e como se fai e, pola outra, pode ser alterado e adaptado a necesidades especÃficas. Sobre este último, José Ramón Flores Seijas falou nos Encontros cun relatorio titulado “Software en galego, mellor libre”.
Flores Seijas achegou un importante resumo sobre o software en galego. “O pouco software propietario que existe en galego, apuntou nas xornadas, é debido principalmente ás traduccións de usuarios, agrupados no proxecto Xis, que hoxe en dÃa é parte de Galego21”. O Comunicator, o navegador Operta, o Netvampire, o Web Copier, o WinAmp son algúns dos programas que se poden atopar traducidos e Corrixe Galgo e 2mil son exemplos de software propietario creado por empresas galegas. Pero o propio Flores Seijas achega os seus inconvenientes “só se poden traducir programas menores, tecnicamente non sempre é doada a traducción e ademais os autores poden cambiar de opinión e impedir a traducción das novas versións”. Atrancos que precisamente non ten o software libre que, para o propio Flores Seijas, “é especialmente atractivo para as linguas minorizadas, que son aquelas que non espertan o interese das grandes empresas de software”.
A principal vantaxe do software libre é que favorece a adaptación dos programas segundo as caracterÃsticas de cada comunidade e que calquera axente pode facer unha variación e distribuÃlo. Xa existe software libre traducido ao galego e está ao amparo de dous proxectos. Por unha banda o “Proxecto Trasno” e pola outro “Mil primaveras máis” que antes estivo integrado en Galego21. Pero iso é insuficiente; o ritmo vertixinoso co que xorden novos programas e as súas correspondentes versións van moito máis rápido que as traduccións, ademais das dificultades técnicas que poden ter, que son complexas de solucionar e que retardan a traducción.
A implicación da Administración
Os relatores desta mesa de traballo coincidiron todos no mesmo punto: a necesidade da implicación da administración. Porque son precisamente as administracións as grandes consumidoras de software e, de decidÃrense a comprar software libre, poderÃan aforrar custos e ao tempo contribuÃr a normalizar o idioma. E máis, José Ramón Flores engade outro factor: “as institucións privadas interesadas pola nosa cultura poden contribuÃr, e asà patrocinar ou mesmo promover, un proxecto de traducción de xeito que pode ser unha boa forma de publicidade”.
Neste sentido, un dos asistentes ás mesas redondas das VII Xornadas apuntou como modelo o que se está a desenvolver en Estremadura. Precisamente alÃ, en lugar de ser iniciativas illadas, desde o goberno estase a apoiar e fomentar o emprego do software libre en sectores puntuais (como o caso da educación). É o CNU/LinEx (programas libres-free software) que, segundo explican no seu web, consiste en difundir o software libre en Estremadura, a través do PAT (Plan de Alfabetización Tecnolóxica), as pemes e a propia Administración. AsÃ, conclúen “a existencia dun software completo que pode ser copiado legalmente, contribúe a evitar barreiras económicas como o elevado custo das licencias de software”.
O Plan Xeral de Normalización LingüÃstica
E a administración estivo tamén presente nas Xornadas para inaugurar os encontros e para ofrecer unha novidade dentro do agardado Plan Xeral de Normalización LingüÃstica. Foi precisamente Xesús Pablo González Moreiras, o director xeral de PolÃtica LingüÃstica, quen achegou a noticia ao afirmar que “a primeira fase de elaboración dos traballos, fundamentalmente, a cargo das comisións técnicas, de análise da situación sociolingüÃstica... está feita”. Agora, continúou González Moreiras “pásase a unha segunda fase de traballo que xa se iniciou coa reunión das comisións técnicas co conselleiro”. É máis, apuntou que se están a cumprir as datas previstas e que “ nun prazo de medio ano coidamos ter rematado o Plan Xeral de Normalización LingüÃstica”.