O Pazo de Mariñán acollía na mañá deste 10 de novembro a deliberación dos xurados dos XXXV premios Torrente Ballester de narrativa que convoca a Deputación da Coruña. César Cequeliños, nome literario de César Lorenzo Gil, foi seleccionado como gañador na categoría de obras en galego pola súa novela Sábeme a salamántiga o ceo da boca, mentres o xurado en castelán recoñeceu ex aequo as obras El silencio de las palabras de Anna M. Blasco Rovira e mais Viaje alrededor de las aristas de un cuchillo, escrita por Jesús María Antón Ávila. O certame, que recibiu un total de 374 obras a concurso, conta cun premio de 15.000 euros en metálico en cada unha das categorías ademais da publicación das obras gañadoras.
Segundo destacou o xurado das obras en galego, o traballo de Cequeliños "é un texto ben escrito, áxil, divertido e con diálogos inxeniosos" que "contén un elemento fantástico que está ben encaixado na trama" e "debuxa moi ben a burguesía viguesa de comezos do século XX".
Na categoría en castelán, o fallo sinala da obra de Anna M. Blasco Rovira que a autora "manexa unha documentación moi rigorosa e presenta personaxes complexos, creando con soltura diferentes ambientes e momentos" no seu repaso da historia de Valencia no século XX a través da relación entre unha avoa e a súa neta. Ademais, para o comité destaca como "é capaz de partir do concreto para relatar as vidas difíciles das mulleres".
A outra obra galardoada, Viaje alrededor de las aristas de un cuchillo, é un libro de relatos do que o xurado valorou "o estilo coidado e a gran economía narrativa con influencias de autores como Carver" canda á "sensibilidade para captar os sinsabores da vida cotiá e a creación de diálogos que funcionan ben para que a acción avance".
Anna R Figueiredo, Diego Ameixeiras, Tamara Montero, Ledicia Costas e Amador Castro Moure, gañador na edición de 2022, foron os responsables da selección da nosa lingua. Pola súa banda, na categoría en castelán o comité de selección estivo composto por Inma López Silva, María Piñeiro, Antonio Sandoval, Cristina Sánchez-Andrade e Mario Beramendi.