O festival MARÉ, que terá lugar en Santiago de Compostela entre o 20 e o 24 de Setembro, abrirá a súa programación mañá mércores no Auditorio de Galicia, cunha estrea especial que se leva xestando desde hai varios meses. Por vez primeira, o histórico cantautor Amancio Prada presentará coa Real Filharmonía de Galicia a versión sinfónica dos 'Seis Poemas galegos' de Federico García Lorca, coa orquestración e dirección de David Fiuza e a colaboración especial do Coro Cantigas e Agarimos. Este concerto inaugural será a primeira vez que se poidan escoitar os poemas galegos de Lorca en versión sinfónica, sendo a segunda vez na historia que colaboren Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia. Ademais esta suporá a primeira das actuacións da xira "Celebrando 50 anos desde Vida e Morte", na que Amancio Prada lembrará este disco fundacional. Outro dos puntos emocionantes este ano do evento será a homenaxe ao artista vasco Kepa Junquera, que estará presente o domingo 24 para a presentación do documental "Berpiztu, Renacer", dirixido por Fermín Aio. Tamén se fará unha homenaxe musical de tributo a kepa, "Éromeríak", que contará coa Banda das Crechas e varias persoas invitadas.
Durante cinco días o festival presentará 27 espectáculos distintos de dez países diferentes en dez espazos da cidade. Ademais do citado auditorio o MARÉ estará no Teatro Principal, Salón Teatro, Sala Capitol, Sala Riquela, Casa das Crechas, NUMAX e na Facultade de Filosofías, así como nas prazas de Mazarelos e das Praterías. Entre os artistas galegos que tomarán parte no festival están Abrahám Cupeiro, Brinkadelia Troupe, Gloria Pavía e Dani Liñeira , Mundo Prestigio, MaCheta Supah Sound, Maricarme, Maricarme, Molimo, O Rabelo e SUMRRÁ. Ademais deles pasarán por esta edición artistas de Escocia, Catalunya, Cuba, Comlombia, Portugal, Brasil, Arxentina, Inglaterra ou Marrocos. No festival MARÉ sonarán melodías pop, soul, blues, música electrónica, experimental, rap, dub, kuduro, ritmos bulu e bikutsi, gqom, batida, amapiano, afrobeats, semba, kizomba ou folk e outras músicas de raíz. O MARÉ é un evento creado desde a produtora NORDESÍA que quere ofrecer intercambio cultural e diálogo entre músicas e outras artes das dúas beiras do Atlántico, apostando de xeito pola diversidade e achegamento entre territorios e sociedades que comparten lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais. Arredor de vinte programadores internacionais de mais dunha decena de países estarán presentes en Santiago, para protagonizar encontros diversos. Un deles será o encontro de MATE, a rede europea arredor da cultura e o territorio que, con MARÉ como epicentro en Galicia, conectará Compostela con Tesalónica en Grecia e Coimbra en Portugal. Do mesmo xeito, por vez primeira este ano poñerase en marcha o Día Europeo do Folk, que será o 23 de Setembro.