Ata 32 curtas, de máis dunha ducia de nacionalidades diferentes, participarán na sección oficial da VIII edición do FIC Vía XIV de Verín que comeza hoxe. Durante nove días o programa ofrecerá, ademais das proxeccións das obras que se presentan a concurso dentro das diferentes categorías do certame, un amplo programa de 21 actividades paralelas triplicando o das anteriores edicións. Un dos pratos fortes terá lugar na xornada inaugural coa presenza do actor Pepe Viyuela, participando no coloquio posterior á proxección do documental "Un viaje hácia nosotros", dirixido por Luis Cintora e guionizado por el mesmo, no que se mergulla no pasado da súa familia e, en concreto, no do seu avó Gervasio, que loitou na Guerra Civil. Ao día seguinte, o sábado 9 de setembro, o actor interpretara o seu espectáculo Encerrona.
A organización do certame propón unha edición cargada de novidades entre as que destacan, por exemplo, a posta en marcha dun concurso de pintura para artistas gráficos maiores de 16 anos, que terán o reto de plasmar nun lenzo algunha escena ben recoñecible da historia da cinematografía que previamente escollan. Outra das novidades máis significativas desta edición do certame ten que ver coa intensificación da programación orientada ao público infantil. Neste 2023, por vez primeira o FIC estreará unha categoría destinada aos máis pequenos e pequenas que contará cun premio de seu outorgado polo xurado profesional e na que os rapaces e rapazas da zona poderán desfrutar do visionado de catro curtas. A sesión estará amenizada pola narradora oral, Raquel Queizás, quen trasladará aos menores a "maxia do cinema" a través do fío condutor da ciencia ficción. O festival tamén ofrecerá a programación de diversas actividades destinadas a un público de corte máis profesional, aínda que abertas a todos os interesados e interesadas, como un obradoiro de interpretación perante a cámara ou outro relacionado co emprego das técnicas de Intelixencia Artificial no sector audiovisual, en particular, e artístico, en xeral. O FIC Vía XIV 2023 vai estar especialmente centrado na sostibilidade ambiental e porá o foco neste punto coa programación dunha serie de curtas, encadradas dentro da categoría Horizontes 3, que abordan cuestións como a relevancia da biodiversidade para preservar o futuro do planeta, o dano causado polos residuos plásticos no medio mariño ou o desafío orixinado polo cambio climático e como facerlle fronte, entre outras cuestións.
Música e gastronomía
Doutra banda, no seu propósito de avanzar cara a un contedor cultural con vocación de permanencia na comarca, o FIC acollerá tamén nesta nova edición diferentes actividades musicais -tales coma concertos, sesións amenizadas por DJs ou musicalización de curtas mudas nun evento que terá lugar na Praza Maior por parte do grupo Caspervek. Tamén se poderá desfrutar dun túnel de viño organizado pola D.O. Monterrei e dunha cata de cervexas, unha actividade que xa se desenvolveu con éxito en 2022 e que de novo se denominará Hop&Roll, na que poderán degustarse diferentes referencias do panorama cervexeiro maridadas con produtos tradicionais nunha xornada que estará amenizada cunha pinchada 100% en galego. Non faltará, ademais, unha sesión vermú na Praza García Barbón que contará ademais con ambientación musical. O programa completo do certame, cos horarios das diferentes sesións e actividades paralelas, así como con información dos seus emprazamentos, pode consultarse na web ficviaxiv.com.