
Segundo consta no comunicado sobre as motivacións do fallo dos premios, o músico Xurxo Fernándes o recibe "por representar a interculturalidade desde o eido musical e poñer en valor o propio sen deixar de conectar co alleo". O artista coruñés, coñecido coma etnógrafo e investigador da tradición popular musical oral por formar parte de Radio Cos xunto a Quique Peón, foi quen de reunir música de raÃz tanto galega coma mediterránea oriental con base sefardà como demostrou no seu traballo, ensanchando as marxes da conexión cultural musical cara ao sul como demostrou no seu disco "Levaino!" (2021). O xurado atopou tamén inspiración no mundo da música para o seu premio Homenaxe a unha traxectoria, que foi para o programa da Radio Galega Lume na palleira' , conducido por Emilio Españadero. Nesta caso a acta sinala o seu valor " por ser un dos máximos expoñentes da difusión da música tradicional e da cultura de base desde fai máis de 25 anos". O mantemento "da súa esencia e raigame galega" sen renunciar a ela durante a súa dilatada traxectoria no mundo da interpretación foi o motivo que levou a xurado a ver no actor LuÃs Zahera merecedor do galardón na categorÃa de Artes escéniecas.