No Marco da Pena verde de Trabada, na Mariña lucense, comeza hoxe ás 9 da noite unha nova xeira de citas co patrimonio inmaterial dentro do programa Mariña Inmaterial, da produtora Ouvirmos. Este formato ofrece unha combinación de recuperación de memoria, conferencias e actuacións musicais e escénicas en diversos puntos da comarca, elixidos tamén polo seu patrimonio material. No marco do programa o antropólogo Rafa QuintÃa desenvolveu unha serie de obradoiros coa poboación local a rescatar elementos do patrimonio inmaterial dos que agora extrae as conferencias coas que difunde e explica o material recollido e o seu contexto. Hoxe en Trabada, mañá en Xove (RuÃnas de San Tirso de Portocelo) e o venres en Cervo (Capela Antiga de Santa Eufemia de Trasbar) terán lugar estes encontros (21:00 horas os tres).
Na primeira destas citas, hoxe, Quintiá estará acompañado pola ceramista Verónica Moar e a coreógrafa Rut BalbÃs que levarán os conceptos do megalistimos a unha "performance" conxunta de danza contemporánea. Mañá será o dúo BellónMaceiras os qu8e farán o espectáculo "barca de Pedra" a gaita e acordeón; finalmente en Cervo a intervención do antropólogo estará complementada co espectáculo de videocreación "Mito cristiá" da artista multidisciplinar Sabela Eiriz. Estes actos pechan o programa tras unha primeira quenda deles a finais de xuño, en Barreiros, Alfoz e o Valadouro. Este programa se desenvolve co apoio da liña de axudas Territorio Cultura que aproveita o orzamento do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia dos fondos NextGeneration. Como resultado destas actividades publicarase un libro que compile o patrimonio inmaterial recuperado no marco da iniciativa.