O Domus da Coruña acolle unha mostra interactiva sobre a anatomía

O corpo na casa

A Casa do Home ou Domus da Coruña centrarase durante o vindeiro ano no interior do ser humano. Unha mostra interactiva sobre anatomía permitirá coñecer ó grande público os secretos dos nosos corpos mediante a exposicón de pezas naturais, obxectos históricos sobre esta especialidade, obradoiros e o emprego da realidade virtual.

Da historia á actualidade


A mostra que agora chega á Coruña percorre a historia da investigación do corpo humando desde un dos seus pioneiros, Leonardo Da Vinci ata ás últimas investigacións e noticias arredor da anatomía.
Así, se os visitantes observan na entrada o "Uomo Vitruviano", a celebérrima ilustración de Da Vinci sobre as proporcións do corpo, tamén poderán ver a radiografía da recene fractura de perna que sufriu o xogador deportivista Manuel Pablo.
A exposición, organizada pola Domus, o Parque das Ciencias de Granada e a Sociedade Anatómica Española con motivo do seu cincuenta aniversario, comprende vinte módulos que abordan os máis diversos aspectos da anatomía.












Os vellos investigadores. a arte e a visión.


As primeiras paradas na mostra serán as dedicadas á historia da antropoloxía, coa exposición dos diferentes materiais empregados para coñecer o noso corpo e os modelos e debuxos que representaban o noso corpo. Ademais, a mostra presta unha especial atención a dous grandes investigadores da Anatomía en España, Ramón y Cajal e Federico Olóriz Aguilera.
A relación entre arte e anatomía tamén está tratada nesta exposición, que inclúe a reproducción dos músculos e osamenta que terían os protagonistas de obras coma a "Venus no espello" ou o "Adán" da Capela Sixtina tal e coma foron pintados.
Xa nun sentido máis puramente científico amósanse os últimos descubrimentos para ver o noso interior, o que inclúe a visita á simulación dunha sala de raios X. Tamén se poderán ver os máis diversos modelos que reproducen o noso interior, e mesmo intentar montar un puzzle tridimensional dos nosos órganos ou dun cerebro.
A comparación dos nosos corpos cos dos animais e a evolución dos órganos ocupa tamén unha parte importante da mostra, incluindo a posibilidade de comparar os embrións de distintas especies en diferente estado de desenvolvemento. Tamén se trata análise dos tabús que durante moito tempo rodearon ó estudio anatómico por tratar con cadáveres e por amosar o corpo espido.
A análise dos diferentes sistemas que compoñen o noso organismo e unha visita virtual ó noso interior realizada mediante gráficos tridimensionais forman parte dunha mostra que conta cunha boa cantidde de actividades paralelas.






Actividades e outras cousas

Ademais dos módulos interactivos que se inclúen na mostra, os interesados poderán participar en diferentes obradoiros sobre anatomía, que inclúen mestmo a disección de ollos, corazóns, vacas e porcos. Tamén se prestará especial atención ás prótesis de todo tipo, que os asistentes poderán tocar e manipular ó seu gusto.
A exposición acolle material de dezasete universidades e museos de todo o Estado.