Recitais, conversas, espectáculos e visitas guiadas para diferentes públicos compoñen o groso da programación do festival Abride a fiestra 2023, este 15 de xullo. Con el a Fundación Rosalía de Castro celebra a poeta no verán. No festival participarán artistas como Antón Reixa, Aldaolado, Ce Orquestra Pantasma, Xurxo Souto ou Xisco Feijoo. Haberá tamén conversas literarias con Xosé Luís Axeitos, Henrique Rabuñal, Belén López, Moncha Fuentes ou Olga Novo. A xornada rematará ás 23.15 observando a estrela Rosalía de Castro da man da Agrupación Astronómica Ío.