A Agapi presenta o seu estudo anual sobre o audiovisual galego

O impacto dos fondos públicos e a proxección internacional aparecen como grandes tendencias de 2022

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) publicou no seu web o estudo cualitativo 2022, Ano de cambios no audiovisual galego. Este informe anual presenta un resumo das tendencias do sector ao longo dos últimos doce meses desde a perspectiva destas empresas. A publicación conta co apoio do Concello de Santiago.

Nos seus contidos, o estudo destaca o impacto que os fondos do plan España Hub Audiovisual de Europa e mais do Hub Audiovisual da Xunta están a ter sobre o sector, que salienta que foi duramente golpeado pola pandemia. Do mesmo xeito, celebra a recuperación a nivel estatal do fondo de apoio á industria audiovisual en linguas distintas do castelán e as oportunidades que achega para o desenvolvemento deste ámbito no noso país.

O documento presenta tamén unha extensa análise sobre a presenza de empresas galegas do sector no mercado internacional. O impacto da animación realizada no noso país, a oportunidade que supoñen os circuítos de feiras e mercados ou as posibilidades e problemáticas que ofertan as plataformas de vídeos e os novos modelos de consumo son algúns dos principais eixes que se analizan neste sentido.

Na publicación, de 50 páxinas e dispoñible na rede, pódese atopar tamén un repaso ao talento emerxente nas produtoras galegas con artigos que repasan a actividade e proxectos de Illa Bufarda, Kraken, Rebordelos, Meteorica Cine, Serea Films e Noveolas Producións.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Concello de Santiago, Cine, Animación...