Co lema "20 anos de agroglamour" o Festival de Cans presentaba na mañá deste 3 de maio a súa nova edición. A conmemorar dúas décadas de existencia o encontro audiovisual que se celebra nesta aldea do Porriño daba a coñecer un programa que incorpora unha reforzada sección infantil e eventos especiais para o Día das Letras Galegas. Honeymoon, de Enrique Otero protagonizará a sesión inaugural do certame, o xoves 18 de maio, antes de chegar ás salas de cinema.
En total, o festival achegará máis de 40 curtametraxes a concurso, un cento de proxeccións e oito longametraxes, a superar as 30 estreas. Na sección de ficción e animación dáse a circunstancia de que os doce curtas a concurso serán estreas, sete delas galegas, catro absolutas e unha a nivel estatal. Entre estas, a organización destaca Ulises de Felix Brixel, O neno Sardiña de Lucía Estévez, Amanece, la noche más larga, dos vigueses Carlos Fernández de Vigo e Lorena Ares, O Coidado, debut como director de Miguel Canalejo ou Carraxe, ópera prima deMuriel Pernas, protagonizada por Mabel Ribera e Roberto Leal.
A sección "Furacáns", pola súa banda, contará con dez curtametraxes a concurso, das cales seis son estreas e oito contan con dirección feminina. Entre as estreas atópase My Truth, da debutante Marta Bouzas ou Ningún Deus, de Miriam Opazo, "un orixinal e profundo achegamento autobiográfico ao entroido ourensán a través das máscaras, a identidade e a iconografía". Notas sobre a violencia de Marta Valverde, Envés no que Ángeles Huerta, experimenta en diálogo cos versos de Rosalía Fernández Rial. Canda a elas, Tegoyo de Guillermo de Oliveira e A Lingua resiste no estómago dun agricultor morto de Acacia Ojea. Hondarrak, de Marta Gómez e Paula Iglesias, Mariví, na pel da memoria das irmáns Coral e Laura Piñeiro, O amor é auga que corre de Claudia Pineda, e a ollada ao arquivo familiar que é Malgrat, de Santi Teijelo, completan esta sección dedicada á filmes de non-ficción.
A cineasta e fotógrafa franco-armenia Valérie Massadian protagonizará o Foco Internacional do evento, cunha retrospectiva completa das súas dúas longametraxes e sete curtametraxes, seis delas inéditas en España. A autora participará ademais nun coloquio con outras realizadoras e realizadores galegos no día 19 de maio.
Dentro do programa, o evento desenvolverá unha programación especial para conmemorar o Día das Letras Galegas este 17 de maio. No mesmo destaca a estrea do documental Florencio, o cego dos Vilares, dirixido por Pancho Álvarez. Este músico protagonizará tamén unha sesión vermú na que contará co acompañamento das violinistas María Jorge, Aldara Souto, Begoña Rioboó e Antía Ameixeiras e do acordeonista Carlos Quintá. Un coloquio entre o director Álvaro Gago e a actriz María Vázquez, sobre o proceso de creación do filme Matria, a proxección das curtametraxes de cineastas que comezan a súa andaina na sección Novas Camadas , o documental De casa en casa sobre oficios femininos itinerantes xa desaparecidos e mais a celebración do Día dos Veciños con AcordeCans e as Pandereteiras de Cans fan parte do programa da xornada.
No apartado musical, a cita contará con actuacións de Los Punsetes, Fillas de Cassandra, Mr. Kilombo, The Limboos, Tony Lomba e Elio dos Santos, Serial Killerz, Mallou, Zeltia Irevire, Paloma, o chileno Nano Stern ou a poeta Rosalía Fernández Rial ata un total de 25 nomes. O festival desenvólvese entre os días 16 e 20 de maio.