A 19ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc, rematou facendo público o seu palmarés oficial. O filme 'Devociones', dos realizadores Ángel Montero (Lugo, 1984) e María Serna (Bilbao, 1979) fíxose co premio da sección Galicia. O xurado composto pola artista e cineasta francesa Joséphine Derobe, o crítico de cine e programador da Filmoteca de Galicia, Jaime Pena e pola produtora Andrea Queralt, decantouse por esta película que ofrece unha viaxe sensorial por rituais curativos e de coidados. Unha historia de amor e enfermidade que explora a aceptación dunha perda e a posibilidade real da morte. O xurado premiou o filme "por explorar os límites do sensorial tanto a nivel plástico como sonoro e retratar de xeito carnal e sutil os rituais de sanación". Nesta sección tamén se fixo unha mención especial do filme 'Los Saldos' de Raúl Capdevila, "polo retrato honesto e sincero da realidade familiar e interxeracional do mundo rural aragonés".
No relativo á sección internacional da competición, o xurado decidiu outorgar o premio da 19º edición á película chilena 'Al amparo del cielo' de Diego Acosta por ser un filme "construído no espazo escuro que subsiste entre a vida e a representación, por imaxes dun negro profundo de onde irrompe a luz dun lume primordial coa que o home atravesa as estacións da vida. A supervivencia do home, da Arte e do propio cine, ao amparo do ceo". Ademais, o xurado internacional composto por la cineasta portuguesa Rita Azevedo Gomes, o realizador e arquivista indio Shivendra Singh Dungarpur e Hayet Benkara, experta de industria y mercados de coprodución internacionais, fixo tamén unha mención especial a 'Mourir à Ibiza (un film en trois étés)' dos realizadores franceses Anton Balekdjian, Léo Couture e Mattéo Eustachon.