As subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego veñen de ser convocadas hoxe no Diario Oficial de Galicia pola Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) repetindo a contÃa dos dous anteriores exercicios. Desta liña de axudas públicas galegas nutrÃronse no pasado algúns dos realizadores que hoxe están a destacar no audiovisual galego, desde Oliver Laxe ata Lois Patiño, Juan Galiñanes, Olga Osorio, Anxos Fazáns ou Diana Toucedo, entre outros. O goberno galego destina 194.000 euros, con cargo ao orzamento da AGADIC para o ano 2023, para esta modalidade de axudas á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artÃstica e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores individuais, e a posprodución de curtametraxes e realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras. Este investimento distribuirase entre 17 proxectos, oito deles para a realización ou posprodución de curtametraxes, seis para a escrita de guión e tres para a produción de longas de dirección novel.
Estas subvencións, que se outorgan por concorrencia competitiva, son incompatibles con outras axudas da ConsellerÃa de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e dos seus organismos dependentes para o mesmo proxecto. Esta liña de subvencións repártese entre tres modalidades: subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias para longametraxes cinematográficas de ficción ou animación escritas en galego; subvencións a curtametraxes (consta de dúas submodalidades); subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega cunha duración igual ou superior aos 60 minutos, que se correspondan con propostas de especial valor artÃstico creativo e/ou empreguen novas formas de linguaxe audiovisual e/ou adopten fórmulas narrativas non convencionais, e que conten cunha persoa responsable da dirección que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica.