O festival Play-Doc comeza este mércores en Tui a súa 19ª edición

Ofrecerá 13 títulos de cine na sección galega e cine internacional en retrospectivas e competición oficial

Ofrecerá 13 títulos de cine na sección galega e cine internacional en retrospectivas e competición oficial
Presentación de Play-Doc Tui Foto: Julia Sánchez
Este mércores, 26 de abril, dará comezo a 19ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc. Un total de 13 títulos conforman o programa de cine galego este ano, entre os que poderán verse tres estreas. Ángel Sánchez, responsable do certame xunto con Sara García Villanueva, co-fundadora e Directora Artística, presentou os contidos da programación, e desvelou o contido do programa de cine galego desta edición. Sánchez estivo acompañado por representantes institucionais do Concello de Tui, Deputación de Pontevedra e Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

O Play-Doc acollerá a estrea da longametraxe documental "Circo Nevada" dirixida por Manuel Valcárcel, que xira en torno ás vivencias dos integrantes dun circo durante el tempo que pasaron en Monforte de Lemos sen poder moverse por causa da pandemia; proxectarase tamén o filme "Al otro lado del mar" de Eloy Domínguez Serén e Samuel Moreno Álvarez, unha correspondencia fílmica entre Galicia e Colombia a cargo de ambos realizadores; tamén faise a estrea internacional do filme, Devociones dirixido por Ángel Montero e María Serna, unha obra experimental, na que propoñen unha viaxe sensorial.

Esta edición recolle a auxe de mulleres documentalistas. "30’ 70 60’ 120" de Marta Valverde; Anxos Fazáns con Habitar; o traballo de Laura e Coral Piñeiro, "Na pel da memoria"; "Espantos y desencantos" de Ariadna Silva e "Hondarrak (En ruínas)" de Paula Iglesias e Marta Gómez, son mostra diso. En Play-Doc poderá verse tamén a película Bloom, asinada por Helena Girón e Samuel M. Delgado, Serpari de Iria Sanjurjo e Ecotone de Enar De Dios. Completan a sección, "A Foreign Song" dirixida por César Souto que llega a Play-Doc tras gañar el premio a mellor película española e á mellor dirección na pasada edición do Festival de Cine de Xixón (FICX) e "Los Saldos" dirixida por Raúl Capdevila.

Unha ollada universal sobre cineastas esquecidos
Na parte dedicada á recuperación de obras e realizadores esquecidos da historia do cine universal, o festival presentará en estrea internacional catro curtametraxes da cineasta belga Chantal Akerman (1950-2015) ademais dunha retrospectiva máis ampla que amosará obras de toda a súa traxectoria. O festival amosará por primeira vez en España, a obra recentemente recuperada do cineasta indio Aravindan Govindan (1935-1991) e tamén se reivindicará a obra do cineasta iraniano Sohrab Shahid Saless. Play-Doc nos achegará tamén a un clásico do cine finés co "Oito disparos mortais" do realizador Mikko Niskanen (1929-1990). Poderán verse dúas recentes restauracións da Cinemateca Portuguesa, Museu do Cinema, Belarmino (1964) de Fernando Lopes, e Máscaras de Noémia Delgado (1976). Por último, Play-Doc presentará a primeira retrospectiva española dedicada ao mestre do cine etnográfico italiano Luigi Di Gianni (1926-2019).

Na sección competitiva desta 19º edición de Play-Doc o programa que inclúe obras de cineastas de prestixio xunto ás de realizadores emerxentes. O norteamericano John Gianvito, presentará "The Grave´s Sky" (2023); o realizador francés Jean-Claude Rousseau traerá Welcome (2022) e "Souvenir D´Athènes"; o director italiano Fabrizio Ferraro presentará "I morti rimangono con la bocca aperta". Desde Chile participará Diego Acosta con "Al amparo del cielo" (2022) e na categoría de competición internacional verase tamén "Ame No Uta" do nipón Tetsuichiro Tsuta, e "Mourir à Ibiza (un film en trois étés)" dos franceses Anton Balekdjian, Léo Couture e Mattéo Eustachon. A belga Isabelle Tollenaere presentará "The Fruit Tree" e a navarra Marina Lameiro participará coa súa película "Krutxalteanik Uronarat" que presentará en estrea mundial.
Ligazóns