
Para alén das achegas individuais, colectivos como a Asociación Veciñal e o Centro cívico de Canido, a Fundaçom Artabria, o Ateneo Ferrolán, o colectivo literario Moraima, ou as asociacións culturais Fuco Buxán e Muíño do Vento, canda a diferentes establecementos hostaleiros e comerciais están a contribuír a que a xeira se poida desenvolver con normalidade.
Segundo explica a organización do evento, "facemos unha afervoada petición de apoio económico e anímico, recollendo sinaturas e abandonándonos, nesta derradeira cita, á xenerosidade popular". Os cartos destinaranse "a pagar hotel, viaxe e os gastos que xurdan".
Segundo adiantan desde "só un cambio radical con respecto á cultura a pé de obra, a pé de día, e en especial con relación á POESÍA SALVAXE, ao evento poético, por parte do Poder Local, sexa este da cor que sexa, fará desta cita un acontecemento anual, sen mais quebrantos, un acontecemento consolidado, que de feito xa é".