
O Club de Prensa de Ferrol lamentaba nas súas redes sociais a perda do seu membro lembrando que "ademais da súa brillante traxectoria como arquitecto técnico e profesor, extraordinaria talla humana e clarividente visión culta e intelectual, Fernando Bores destacou polo seu activismo cultural, área que desenvolveu nos últimos anos a través do Club de Prensa de Ferrol, de cuxa directiva formou parte. O seu papel de firma colaboradora do Diario de Ferrol como experto en materias relacionadas coa arquitectura urbana, permitiulle no seu dÃa ser chamado por LuÃs Mera para que se implicase no Club de Prensa de Ferrol. Neste sentido, cabe sinalar que foi unha persoa entregada con exquisita xenerosidade". Lembran desde a entidade que "seguindo as súas indicacións, chegáronse a editar un par de Cadernos Ferrol Análisis, sobre a "Arquitectura pública de Ferrol, 1977-2017", da autorÃa de Manuel A. Romero Pérez e Federico Carro Gil, e "Ferrol: Da arquitectura anónima á de autor", de Pablo Rei MartÃnez. Grazas á súa xestión, o Club de Prensa puido traer a Ferrol á destacada estudosa da figura e obra de Concepción Arenal, a catalá Anna Caballé. Entre os proxectos que non puido levar a cabo figura un terceiro traballo sobre a arquitectura urbana actual e un memorial sobre a rehabilitación de HerrerÃas na que interveu como técnico", apuntan desde o Club.